Wikileaks
“ | ... could become as important a journalistic tool as the Freedom of Information Act. | „ |
| — Time Magazine |
Wikileaks é unha páxina web creada no 2006 e dirixida polo australiano Julian Assange. Ten un formato parecido á wikipedia e pretende funcionar de xeito similar poñendo á vista dos internautas miles de documentos que poidan ser lidos e analizados e corrixidos na súa veracidade. O termo Leaks ven do inglés filtración. Tivo especial notoriedade a recente publicación de documentos secretos do exército americano sobre a guerra de Afganistán. Parécenos un fenómeno interesante, que nos fala das posibilidades que pode ter internet para cambiar o mundo (esperemos que para mellor). Pretende ser unha ferramenta que axude á transparencia na información e polo tanto a evitar o engano por parte de moitos gobernos aos seus cidadáns, o tempo dirá se o consigue. As posibilidades que abre internet ao permitir o acceso doado e barato á información de xeito global son extraordinarias e abren a esperanza a unha masiva participación cidadá e a unha auténtica democracia global, (estarei sendo demasiado optimista?). Creo que páxinas como a de wikileaks poden contribuír a iso.
Podes ver a páxina de fala inglesa neste enlace ou unha tradución limitada ao español neste outro.
Tamén podes ler este artigo do xornal El País onde se fala do seu fundador, Julian Assange
E estes outros dos xornais El Periódico de Cataluña e El País, no que se conta a recente persecución que está sufrindo.
Neste video da páxina TED da que temos falado hai unha entrevista que pode ser vista subtitulada ao español ou ao portugués.
Ningún comentario:
Publicar un comentario