Leo a prensa e descubro pasmada as declaracións dun tal Román Rodriguez, diputado do partido popular nas que afirma: "La distribución del profesorado que había hasta ahora es un lujo que no se puede mantener en tiempo de crisis, cuando hay que adecuar los recursos a las necesidades reales". E pon exemplos:
"En la Costa da Morte hay un centro en el que 17 alumnos se dividen en dos grupos, menos de diez por cada clase. Si la LOE [Ley Orgánica de Educación] establece una ratio de hasta 30 estudiantes por aula, lo lógico es que estos 17 se reunifiquen en una. Hay otro con 44 alumnos divididos en cuatro grupos. En Barbanza, dos clases con 22 estudiantes. Ahí habrá pérdida de profesores, seguro".
Mira o artigo enteiro neste enlace ao xornal El País
Descoñezo quen é Román Rodríguez e si sabe algo de educación, tamén me sorprende que non sexa o Conselleiro o que faga este anuncio, estará de vacacións ou esconderase detrás deste señor para que os "paus" non lle caian a el?, en todo caso lembrarlle ao Sr. Román Rodriguez que as ratios que estabrece a LOE son as seguintes:
- Para infantil, 25 alumnos/as, agás en 3 anos 20 e grupos mixtos 15
- En primaria 25 alumnos/as, agás mixtos 15
- En secundaria 30 alumnos/as
Os grupos mixtos por si non o sabe o Sr. Rodríguez implican mesturar alumnado de diferentes idades o que esixe unha maior atención por parte do profesorado, de aí a diminución da ratio; non se especifica nas declaracións se eses centros da Costa da Morte e do Barbanza son de infantil, primaria ou secundaria, con grupos uniformes ou mixtos, con alumnos con necesidades especiais ou non que é o que tería que explicar para valorar esas cifras; pero en todo caso que haxa menos alumnos/as por profesor/a, nunca é un "luxo" senón que supón unha maior atención aos nenos e nenas. O traballo do profesor/a que os atende non vai a diminuír, o seu horario ten que cumprilo igualmente, simplemente os vai a atender mellor. Tendo en conta que eses centros con poucos alumnos/as soen estar en áreas rurais, coas deficiencias que estas zonas teñen en moitos temas, ao mellor non está tan mal que se lles dea esa maior atención.
Unha escola non é exactamente unha fábrica na que por tantos obreiros e tantas máquinas hay que conseguir producir tal nº de unidades. Os docentes traballamos con persoas cunha enorme complexidade emocional e intelectual, canto mellor sexa a atención a esas persoas (que non son só números) mellor será o seu desenvolvemento intelectual e emocional e iso non é exactamente un "luxo", é o futuro do noso país.
Para que o entenda mellor o Sr. Román Rodríguez direille que un luxo é gastar máis de 30.000 euros nunha comida para cargos do partido popular (véxase xantar do albariño), os gastos en educación, non son un luxo son unha inversión. O goberno alemán anunciou recortes drásticos nas contas públicas, agás en educación e investigación, eles si entenden ben a diferencia.
Aconsellamos ler este artigo:
La educación no es gasto, es inversión
Eu podo aceptar que me baixen o soldo pero o que non vou permitir é que empeoren as nosas condicións de traballo coa conseguinte perda na calidade do ensino e isto dígoo como docente e como nai de dous fillos que cursan secundaria nun instituto público. Xa decía un dirixente sindical estes días que a resignación se podía convertir en crispación ou como din os ingleses "from hunger to anger".
Queridos e sufridos compañeiros docentes, empeza un curso complicado.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario