sábado, 1 de maio de 2010

UN TRANVÍA NO SALNÉS?

Tranvía en Viena


Tranvía en Berlín

Tranvía en Barcelona



Escribía Ramón Cabanillas no xornal O Umia do 21 de xaneiro de 1907:

"Estamos a 13 kms del mundo, porque esa distancia nos separa de la estación de ferrocarril más próxima, y ... no pasó de conversación de sobremesa el tranvía a Carril que, economizando tiempo y dinero, dando facilidades al comercio, sería savia fecundante, brote de vida mercantil".

103 anos despois, esta idea que propoñía D. Ramón sería descabellada? cremos que non. O tranvía está sendo recuperado como medio de transporte en moitas cidades europeas dos países máis avanzados. Ten indubidables vantaxes: é eléctrico, non contamina, comparte vía co tráfico rodado, polo que non hai que facer grandes obras de instalación e é un medio de transporte público, tan deficitario na nosa comarca, que facilitaría desprazamentos e aforraría enerxía e emisión de gases contaminantes.

Sería posible unha liña desde O Grove-A Toxa á Estación de ferrocarril de Vilagarcía, que percorrería esa "rúa" costeira tan poboada que atravesa O Grove-A Lanzada-Noalla-Vilalonga-Dena-Castrelo-Cambados-Corbillón-S. Miguel-Vilanova-Vilaxoán-Vilagarcía? unha liña que podería ser usada por traballadores e traballadoras, estudantes, pensionistas, turistas... para desprazarse pola comarca, facer compras, realizar xestións, ir ás praias no verán, acudir a centros educativos como institutos, conservatorios ou Escola de Idiomas e sobre todo acceder ao ferrocarril para desprazarse a outras zonas de Galicia sen ter que depender do automóbil. Sería difícil que os Concellos implicados e a Diputación se puxesen dacordo para a financiación e o trazado?

O número seguinte do Umia, iniciao un artigo titulado: "¡Soñemos, alma, soñemos!


*Información sobre o tranvía como medio de transporte na wikipedia

Ningún comentario:

Publicar un comentario