venres, 29 de xaneiro de 2010

XEOGRAFÍA DA MISERIA

Mapa mundial da pobreza, en cores azuis e verdes os países de pobreza extrema (basicamente África) o resto dos países pobres aparecen en cores amarelos, laranxas e rosas.


Persoas que viven con menos dun dólar diario. Compárase a situación en 1990 e en 1999. Asia do Sur e China representan o grupo máis numeroso debido á súa gran poboación, pero ten moita importancia o nº de persoas na África Subsahariana, co agravante que a situación de 1990 a 1999 empeorou e o nº de persoas aumentou a 300 millóns.




Poboación mundial desnutrida. Os países con situacións maís graves aparecen en cores vermellas, laranxas e amarelas. De novo África ocupa os promeiros postos neste tráxico ranking, síguenlle Asia e Sudamérica. Hai un pequeno punto vermello (situación extrema) nunha illa do continente americano. Que país pode ser?

O IDH (índice de desenvolvemento humano) é una medida comparativa de diversos indicadores de nivel de vida, como poden ser a esperanza de vida, alfabetización, educación, sanidade, situación da infancia eta. Foi creado por dous economistas, un pakistaní e outro Hindú e permite ver bastante ben as condicións de vida que se dan nos diferentes países do mundo. Vai de o a 1.

Aquí aparece unha táboa cunha selección de 10 países.



Ningún comentario:

Publicar un comentario