Amosando publicacións coa etiqueta mulleres. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta mulleres. Amosar todas as publicacións

martes, 20 de xullo de 2010

SOBRE MULLERES QUE SUFREN



Envíanos este emocionante e terrible video a nosa amiga Angela.





Waris Dirie
, nacida en Somalia, é unha top model, escritora e activista na loita contra a mutilación xenital feminina que ela mesma sufriu sendo unha nena. Do 1997 ao 2003 foi embaixadora especial da ONU contra a mutilación xenital feminina. No 2002 fundou a súa propia organización. Le máis sobre ela na wikipedia.



Judith Torrea fotografada en Ciudad Juárez, México



Saen de cando en vez nos medios de comunicación as mortes de centos de mulleres en Ciudad Juárez como consecuencia da violencia xenerada polo narcotráfico. A periodista navarra Judith Torrea é dos poucos periodistas occidentais que viven na cidade e recentemente recibiu o prestixioso premio periodístico do xornal El País, "Ortega y Gasset" polo seu blog:

"Ciudad Juárez, en la sombra del narcotráfico" que che animamos a visitar neste enlace.

Neste blog denúnciase a terrible situación que se vive na cidade mexicana (especialmente para as mulleres) ante a impasibilidade dos poderes políticos.

Esta é a información que sobre ela aparece no seu blog:

"Judith Torrea es una periodista especializada en narcotráfico, crimen organizado, pena de muerte, inmigración y política en la frontera de México con EE.UU, realidad que ha cubierto durante los últimos 12 años, 9 de ellos viviendo entre las dos fronteras. Y lo ha hecho para diversos medios estadounidenses (Univision Online, The Texas Obsever, Al Día-The Dallas Morning News), mexicanos (revistas Letras Libres, fundada por el Nobel Octavio Paz, y Emeequis ), peruanos (Etiqueta Negra) y europeos (agencia alemana DPA, El País, EFE, Le Monde Diplomatique, Expresso). En Tejas trabajó como reportera del Capitolio, siguiendo la política del entonces gobernador George W. Bush. En 1998 se convirtió en la primera periodista española en asistir a la ceremonia de la pena de muerte en Estados Unidos (“Muerte en directo”, Crónica. El Mundo). Formó parte del reducido grupo de prensa que cubre diariamente la política del alcalde de Nueva York Michael Bloomberg siendo la única periodista latina en Room 9, City Hall. Es becaria de la Fundación de Nuevo Periodismo Iberoamericano, fundada por Gabriel García Márquez, en temas de narcotráfico y violencia en América Latina.





Artigo de hoxe no xornal El Pais. Non deixes de visitar o sitio web Afgan women's writing project



"Hay que salvar a Sakineh Ashtiani"

Artigo de Bernard-Henri Leví no xornal El País, sobre a lapidación desa muller iraní. Podes firmar en contra na páxina de Amnistía Internacional.


Todas estas historias parece que suceden a moitos kilómetros de distancia, en países "pouco civilizados", pero cómpre lembrar que moi perto de nós, morren cada ano cerca de cen mulleres por violencia das súas parellas. Se un político é amenazado ten escolta policial permanente, unha muller amenazada non; a pesar de que o número de mortes por terrorismo este ano foi 0 e o de mulleres asasinadas no que vai do ano 2010 en España: 39. Sei que son moitas as mulleres amenazadas pero os políticos con escolta tamén.

xoves, 24 de xuño de 2010

MÁIS HISTORIAS EN FEMININO

Carmen Martínez na súa casa en Cambados

Novo e emotivo artigo na Voz de Galicia da nosa amiga Carmen Durán sobre historias en feminino. Historias de mulleres que viviron a terrible e dura etapa da Postguerra, cun país destruído no corpo e na alma e que foron quen de sacar adiante ás súa familias, e con elas ao país enteiro, elas nunca perderon o norte e souperon sempre o que de verdade importa na vida. Nunca seremos capaces de agradecerllo o suficiente. Son ademais un exemplo para algúns dos nosos caprichosos e insolentes alumnos e alumnas que sempre o tiveron todo e non saben o que é esforzarse para conseguir algo. Resulta desolador ver que algunhas destas persoas (nos consta que non é este o caso de Carmen Martínez) viven hoxe soas e esquecidas nos asilos polas súas familias; algo vai mal nesta sociedade nosa, perdemos o norte por completo e o exemplo destas mulleres pode axudarnos a atopalo. Le o artigo enteiro neste enlace.

luns, 10 de maio de 2010

A ESCOLA DA VIDA


Dorinda Parracho de Corbillón

Novo artigo de Carmen Durán na Voz de Galicia da serie Historias en feminino, moi recomendable, leo aquí

mércores, 24 de marzo de 2010

MULLERES SABIAS

Maruja Baúlo, de Corbillón


Interesante artigo dunha serie de "Historias en feminino" que empeza a publicar a nosa amiga Carmen Durán na Voz de Galicia do 23.3.2010. Le o artigo completo neste enlace