Amosando publicacións coa etiqueta intencións. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta intencións. Amosar todas as publicacións

luns, 19 de outubro de 2009

Por que Blog de Xeografía crítica?

Porque nos inflúe a maneira de pensar dos xeógrafos radicais. Estas persoas nos anos sesenta do s. XX, apoiándose nas ideas dos filósofos da chamada Escola de Frankfurt (Adorno, Marcuse, Walter Benjamin...) que reformularon as teorías marxistas, criticaron o cientifismo e positivismo imperante en tódalas ciencias (físicas e humanísticas), consecuencia do desenvolvemento económico espectacular posterior á segunda guerra mundial e da euforia científica que levou á humanidade a grandes logros técnicos como a chegada á Lúa pero que non resolvía os problemas máis prioritarios como a fame no mundo.

Eles reivindicaban una Xeografía para a acción, que non só persiga coñecer o mundo senón tamén melloralo.

Modestamente o afirmamos, pero esta tamén é a idea que nos move a nós.

Por que lle chamamos "O Umia" a este blog?


Porque quere ser unha pequena homenaxe ao noso poeta cambadés, Ramón Cabanillas, do que este ano 2009 estamos conmemorando o 50 aniversario da morte. Cabanillas e uns amigos lanzaron á rúa en 1907 (fixo en xaneiro 102 anos), unha publicación que se chamaba:

"EL UMIA. Periódico independiente. Se publica los días 5 y 21 de cada mes."

Querían os autores contribuír á mellora do seu pobo e así o afirman no artigo do primeiro número: "Nuestros propósitos":

"Nuestros amores son nuestro pueblo: por su prosperidad, por su engrandecimiento nos creemos obligados a todos los sacrificios, a que se nos moteje de chiflados, ese chabacano epíteto con que se pretende herir a los modernos quijotes; y por eso, aún conociendo nuestra insuficiencia, echamos a la calle este periódico en el que recogeremos la opinión de nuestros vecinos, y, hasta donde lleguen nuestras fuerzas lucharemos sin escudo, adarga, ni coselete, a pecho descubierto, alta la frente, contra la atonía de unos, el pesimismo de los más y las fantásticas visiones nunca realizadas, de otros, acaso los menos, pero no menos perniciosos."

E remata o artigo:

"Con un tropo, no por gastado menos expresivo, refundiremos, pues, nuestro propósito: Todo por y para Cambados"


Pero non durou moito a experiencia, seguramente por motivos económicos e tamén políticos (os caciques locais non estaban para críticas), o derradeiro número de O Umia sae o 21 de maio de 1907. Apenas durou uns meses a aventura e así escribe desencantado Cabanillas neste último exemplar:

"¿Para que vivir? Las ocho octavas partes de nuestros lectores de la localidad, por una u otras causas desean nuestra muerte (...) No hemos visto realizada ni la más trivial de las peticiones de interés general que hemos formulado. Es más, hemos llegado a oir que bastaba que se tratase o pidiese por nosotros, para que no se hiciese".


Esperamos correr nós mellor sorte.