![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhHOD0EFoF2VjaVmaYaeA0UhREu-sx_B0lS3HgSAAk90ecQBc9yWv40ySiOfEycK-sHKh4WmJvKEGwyrmO2ZIVAn8uqd84h-Ck1l9yYQcrQHiBoe2cihMX0zJlGKM2G-2tUA9i9h13gZ9jf/s320/bowlingforcolumbine.jpg)
Segundo a Galipedia (wikipedia en galego):
Michael Moore é un cineasta e escritor estadounidense, Palma de Ouro 2004 no Festival de Cannes coa súa película Fahrenheit 9/11, autor de libros e películas nas que denuncia á sociedade e poderes estadounidenses..
A información na wikipedia é un pouco máis extensa.
O programa de televisión Informe Semanal, emitiu recentemente unha reportaxe sobre el, podes vela neste enlace.
E en you tube podes ver este pequeno video de animación sobre a Historia de América segundo a súa particular visión e trailers das súas películas.
E está a piques de chegar aos cines galegos o seu último documental: "Capitalism, a love story", onde dá a súa visión sobre a crise económica e financeira que se orixinou en América.
Tamén podes visitar a súa páxina web: michaelmoore.com
Ningún comentario:
Publicar un comentario