O próximo 15 de xuño terá lugar a investidura do novo alcalde ou alcaldesa de Cambados. Os resultados das pasadas eleccións quitáronlle a maioría absoluta ao PP e déronlla aos tres partidos de esquerda. Significativo é tamén que deixaron fóra dun posible goberno a JR Abal. Un político tóxico, arribista e interesado que tivo ao goberno cuadripartito anterior sometido a unha chantaxe permanente. Os resultados foron claros: o partido de esquerda máis votado foi o PSOE. Fátima Abal ten que ser a alcaldesa. Pero o segundo máis votado foi Somos Cambados e debe ter un peso proporcional no novo goberno municipal. O Bloque baixou en votos e debe entender que o seu papel na nova corporación ten que ser menor. Así o mandaron as urnas. PSOE e BNG son dúas "grandes empresas da política", con intereses comúns en moitas vilas e cidades de Galicia e que non ven cos bos ollos a competencia de pequenos grupos municipalistas. Tenden, como calquera empresa , a eliminar competidores. E non deberían caer na tentación de "facer pinza" e antepoñer outros intereses aos de Cambados. Ábrese a oportunidade "histórica" dun goberno de esquerdas que mire
só polos intereses da vila e o benestar dos seus habitantes, non o estraguemos. Pode
que a cidadanía de Cambados non o perdoe cando en catro anos haxa que
render contas.
sábado, 8 de xuño de 2019
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario