venres, 10 de decembro de 2010

DECLARACIÓN UNIVERSAL DOS DEREITOS HUMANOS

Eleanor Roosevelt, unha das promotoras, co texto da Declaración

Hoxe 10 de decembro, fai 62 anos que se asinou esta Declaración. Fixérono 46 países, entre eles, EEUU, China, Francia, India, Cuba, Irán, Reino Unido... e que saibamos sigue vixente. Facer cumprir o que nela se di significaría unha auténtica revolución. Alí está escrito entre outras cousas que todos os seres humanos sen distinción temos dereito á vida, a un traballo e uns medios de vida dignos, a asistencia sanitaria, a unha nacionalidade, a residir no país que queiramos, á liberdade de expresión, á educación básica etc. etc. Non creo que chegue aos 500 millóns de persoas as que no mundo disfrutan destes dereitos e xa vai sendo hora.

Esta presentación que aparece a continuación empezeina a facer cos meus alumnos e alumnas o curso pasado e remateina agora.

Ningún comentario:

Publicar un comentario