sábado, 18 de setembro de 2010
APROBACIÓN DOS NOVOS PRESUPOSTOS
Parece inminente o acordo PSOE-PNV que vai traer a aprobación dos presupostos xerais do estado para o ano próximo, ver enlace. As novas contas afondan na política de restrición do déficit (xustificable ata certo punto debido á súa dimensión) pero que se está facendo de novo cargando só sobre os máis febles. Quedan sen tocar impostos ás rentas máis altas, unha política europea para reducir fraude fiscal e paraísos fiscais, tasas ás grandes corporacións bancarias, simplificación da estrutura político-administrativa do Estado etc, etc...
Neste video Francisco Jorquera, diputado do BNG no parlamento español, fai unha acertada análise que che invitamos a ver (aparece na web terra e tempo):
Tamén queremos facernos eco da iniciativa da ONG Intermón-Oxfam que está levando adiante unha campaña pedindo aos portavoces dos grupos parlamentarios que aprobarán (ou non) os novos presupostos para que non reduzan a axuda ao desenvolvemento que ata agora era de 3.700 millóns de euros e que está previsto recortar, visita: quenolopaguenlosdesiempre.org e asina a petición.
Esta campaña súmase á que a nivel internacional se está levando a favor de introducir tasas impositivas aos bancos que axuden ao desenvolvemento mundial, é a Tasa Tobin ou a Robin Hood Tax, clika neste logo para máis información e tamén podes asinar a favor:
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario