xoves, 11 de marzo de 2010

OS MÁIS RICOS DO MUNDO

Casi todos os xornais de hoxe se fan eco da lista publicada pola revista Forbes dos máis ricos do mundo. O xornal El País o ilustra con este gráfico:


Si non sumamos mal a fortuna dos 10 homes máis ricos do mundo é en total de 342.200 millóns de dólares, aprox. 251.000 millóns de euros. Non se me ocurre outro calificativo máis que inmoral, para explicar que tan só 10 homes acumulan esa riqueza cando máis de 1.000 millóns de persoas sobreviven con un dólar ao día. É certo que moitos deles destinan parte da súa fortuna a "obras de caridade" ou filantrópicas, quizais para lavar as súas conciencias. Anque quizais habería que decirlles aquelo que se conta no Evanxeo, no que un rico home lle di a Cristo, gabándose, de que el dou a décima parte do que tiña aos pobres, e Cristo lle di que se quede co décimo e reparta o resto.

Facendo algunhas contas máis, se repartimos esos 251.000 millóns de euros entre os 1.000 millóns de pobres, sale a 251 euros por persoa que no seu país igual lles daba para montar un pequeno negocio.

Que triste e raro é este mundo noso!

Ningún comentario:

Publicar un comentario