xoves, 7 de xaneiro de 2010

CAMBADOS 2- SENEGAL 2


A páxina web de UNHA GRANDE CHEA (sitio que recomendamos encarecidamente para saber todo o que pasa en Cambados) faise eco da nova da celebración dun partido de fútbol entre un combinado de xogadores da policía local de Cambados e outro de senegaleses que frecuentan a vila en relación coa celebración de festas e mercados. A idea do partido era a de contribuír ao entendemento intercultural. A iniciativa foi patrocinada polo Concello a partir dunha idea do novo xefe da Policía Local, Maximino Cid (a idea que nos asalta agora é de por que non o deixaron vir antes para aquí?). En todo caso parabéns para todos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario