venres, 31 de decembro de 2010

FELIZ ANINOVO


Felicitación do artista Hindú Harwinder Singh Gill

venres, 24 de decembro de 2010

BO NADAL

O Umia deséxavos un Bo Nadal e que o ano próximo coidemos un pouco máis o noso fermoso planeta azul e aos seres humanos que viven nel.

(Francisco enviounos esta fermosa montaxe)


venres, 10 de decembro de 2010

DECLARACIÓN UNIVERSAL DOS DEREITOS HUMANOS

Eleanor Roosevelt, unha das promotoras, co texto da Declaración

Hoxe 10 de decembro, fai 62 anos que se asinou esta Declaración. Fixérono 46 países, entre eles, EEUU, China, Francia, India, Cuba, Irán, Reino Unido... e que saibamos sigue vixente. Facer cumprir o que nela se di significaría unha auténtica revolución. Alí está escrito entre outras cousas que todos os seres humanos sen distinción temos dereito á vida, a un traballo e uns medios de vida dignos, a asistencia sanitaria, a unha nacionalidade, a residir no país que queiramos, á liberdade de expresión, á educación básica etc. etc. Non creo que chegue aos 500 millóns de persoas as que no mundo disfrutan destes dereitos e xa vai sendo hora.

Esta presentación que aparece a continuación empezeina a facer cos meus alumnos e alumnas o curso pasado e remateina agora.