domingo, 25 de xullo de 2010

SOBRE O XANTAR DO ALBARIÑO

Nenos e nenas da Asociación Esperanza Salnés


Creo que é preciso insistir unha vez máis sobre o tema. O goberno municipal parece disposto a non tomar en consideración a proposta da oposición de destinar os cartos da comida do albariño a Esperanza Salnés, hoxe aparece unha nova proposta na prensa que quizais tampouco sexa tida en conta, ao mellor simplemente porque ven da oposición, podes vela aquí.

A miúdo os políticos que gobernan esquecen que representan a toda a cidadanía e que teñen que gobernar polo interese de toda ela, anque gobernen grazas aos votos dunha parte dela. Tamén esquecen que son representantes do pobo, tal como di a dotrina da Soberanía popular enunciada por Rousseau e que é a base do noso sistema político; o poder é do pobo que o delega provisionalmente non representantes elixidos, que teñen a obriga de gobernar en beneficio de toda a comunidade. Esquecen igualmente que os cartos que xestionan son nosos e proveñen dos nosos impostos, que eses cartos son de todos e non de ninguén como a miúdo pensan.

Que poden facer os cidadáns cando non se goberna en beneficio de tod@s?, de momento protestar, e neste día reivindicativo do 25 de xullo gustaríame decirlles aos nosos gobernantes que ao mellor chega un día en que a cidadanía se farta e cae na conta de dúas cousas: de que non necesitamos aos políticos e de que nós somos máis. Imaxínense un 14 de xullo de 1789 en París coas novas tecnoloxías, "quedamos na Bastilla ás oito horas, levade paus, pásao". En fin non é unha amenaza, só historia-ficción, para que a nosa clase política reflexione e caia na conta de que non pode gobernar de costas á cidadanía e ao sentido común.

E volvo ao xantar do Albariño, intentemos protestar unha vez máis, xa que Aragunde non nos fai caso vamos probar co seu xefe, escríbelle a Feijóo, que acaba de anunciar uns presupostos moi restrictivos para o ano 2011 e que non lle pode pagar ao Estado os cartos que lle debe, anque seguramente non faltará á comida o próximo domingo. Eu xa lle escribín máis ou menos esto:

"Estimado Sr. Feijóo, como está denunciando na prensa estes días a deteriorada situación das arcas públicas galegas quixera pedirlle que faga entrar en razón ao alcalde do noso pobo de Cambados, o Sr. Aragunde. A oposición municipal fíxolle unha proposta: que os cartos da comida do Albariño se destinaran a unha asociación de nenos discapacitados que a miúdo pasa por dificultades, pero este non a considerou porque dí que o noso Concello ten cartos dabondo para invitar a 600 persoas (x 50 euros persoa=30.000 euros) e que a comida é tradición e se vai a seguir facendo coma nos últimos 57 anos. A miña proposta é de que non é preciso suspender a comida, inclusive que o pobo de Cambados os invita gustosamente a vostede, ao noso alcalde e aos homenaxeados a comer, simplemente os restantes 500 e pico invitados teñen que pagar o seu prato e ese diñeiro será destinado á Asociación Esperanza Salnés, creo que nos tempos de dificultades que atravesamos é unha proposta razoable, Reciba un cordial saúdo".

Envía esta ou outra mensaxe a este enlace: Contacte co Presidente

Mira este video elaborado por Cambados.tk




A páxina de Unha Grande Chea
tamén fala dos homenaxeados no Albariño deste ano


E rematamos co fragmento dun poema do noso poeta Cabanillas, lido en Vigo un 25 de xullo,
bo día da Patria!

É forza pórse en pé! É nosa obriga
temprar as fouces, encoirar o mallo
e saír animosos, cara á veiga,
a escomenzar o redentor traballo!
Tras do loitar sin trégoa
virá o repouso á soma do carballo!

Irmáns, todos a unha! Arrodeade a leira!
Que regue a nosa Terra o suor noso
e a fouce corra no tronzar certeira!
Escoitade o puxente
berro do vagorosos:
"Diante de vós ondea
a barda de ouro ardente...!
Segade a vosa herdade!
Ai daquel que non seia valente!
Segade, galegos! Con forza! Segade!



Podes lelo enteiro neste enlace


martes, 20 de xullo de 2010

SOBRE MULLERES QUE SUFREN



Envíanos este emocionante e terrible video a nosa amiga Angela.





Waris Dirie
, nacida en Somalia, é unha top model, escritora e activista na loita contra a mutilación xenital feminina que ela mesma sufriu sendo unha nena. Do 1997 ao 2003 foi embaixadora especial da ONU contra a mutilación xenital feminina. No 2002 fundou a súa propia organización. Le máis sobre ela na wikipedia.



Judith Torrea fotografada en Ciudad Juárez, México



Saen de cando en vez nos medios de comunicación as mortes de centos de mulleres en Ciudad Juárez como consecuencia da violencia xenerada polo narcotráfico. A periodista navarra Judith Torrea é dos poucos periodistas occidentais que viven na cidade e recentemente recibiu o prestixioso premio periodístico do xornal El País, "Ortega y Gasset" polo seu blog:

"Ciudad Juárez, en la sombra del narcotráfico" que che animamos a visitar neste enlace.

Neste blog denúnciase a terrible situación que se vive na cidade mexicana (especialmente para as mulleres) ante a impasibilidade dos poderes políticos.

Esta é a información que sobre ela aparece no seu blog:

"Judith Torrea es una periodista especializada en narcotráfico, crimen organizado, pena de muerte, inmigración y política en la frontera de México con EE.UU, realidad que ha cubierto durante los últimos 12 años, 9 de ellos viviendo entre las dos fronteras. Y lo ha hecho para diversos medios estadounidenses (Univision Online, The Texas Obsever, Al Día-The Dallas Morning News), mexicanos (revistas Letras Libres, fundada por el Nobel Octavio Paz, y Emeequis ), peruanos (Etiqueta Negra) y europeos (agencia alemana DPA, El País, EFE, Le Monde Diplomatique, Expresso). En Tejas trabajó como reportera del Capitolio, siguiendo la política del entonces gobernador George W. Bush. En 1998 se convirtió en la primera periodista española en asistir a la ceremonia de la pena de muerte en Estados Unidos (“Muerte en directo”, Crónica. El Mundo). Formó parte del reducido grupo de prensa que cubre diariamente la política del alcalde de Nueva York Michael Bloomberg siendo la única periodista latina en Room 9, City Hall. Es becaria de la Fundación de Nuevo Periodismo Iberoamericano, fundada por Gabriel García Márquez, en temas de narcotráfico y violencia en América Latina.





Artigo de hoxe no xornal El Pais. Non deixes de visitar o sitio web Afgan women's writing project



"Hay que salvar a Sakineh Ashtiani"

Artigo de Bernard-Henri Leví no xornal El País, sobre a lapidación desa muller iraní. Podes firmar en contra na páxina de Amnistía Internacional.


Todas estas historias parece que suceden a moitos kilómetros de distancia, en países "pouco civilizados", pero cómpre lembrar que moi perto de nós, morren cada ano cerca de cen mulleres por violencia das súas parellas. Se un político é amenazado ten escolta policial permanente, unha muller amenazada non; a pesar de que o número de mortes por terrorismo este ano foi 0 e o de mulleres asasinadas no que vai do ano 2010 en España: 39. Sei que son moitas as mulleres amenazadas pero os políticos con escolta tamén.

luns, 12 de xullo de 2010

A LAGOA DA FIANTEIRA


O Colectivo ecoloxista do Salnés informa aos seus socios e socias da inminente destrución da Lagoa da Fianteira en Vilalonga:



"Estimad@ soci@,

Ante a inminente destrucción da Lagoa da Fianteira (concello de Sanxenxo) autorizada polo Servizo de Conservación da Natureza, querémoste informar da importancia faunística deste enclave situado dentro do espazo protexido.
Por iso che enviamos dous adxuntos:
-O primeiro contén un resumo da súa historia e situación actual, así como da lexislación que se están a incumprir ao noso entender.
-O segundo contén un estudo faunístico realizado recentemente por dous expertos naturalistas do Grupo de Anelamento Anduriña e socios do CES.
Este informe acabamos de envialo ás distintas consellerías con poder de decisión sobre o Espazo Protexido, solicitando a paralización das obras e a revocación da autorización dada á empresa extractora de arxilas, así como ao concello de Sanxenxo.
Neste recente informe descúbrese que ademais da súa importancia para as aves, tamén se trata dun enclave moi importante en canto a odonatos (cabaliños do demo e libeliñas), tratándose dun hotspot ou punto quente de biodiversidade, pois constatouse a presenza de máis de 20 especies diferentes, dúas delas ameazadas.
Cremos que nesta grave situación se están a incumprir varias Directivas europeas e leis estatais e autonómicas de protección de conservación dos espazos protexidos, biodiversidade, flora e fauna ameazada, e de Avaliación de Impacto Ambiental."

Entra na súa páxina web

Ou le a nova que sae hoxe no xornal El País:
"La extracción de arcilla amenaza una laguna protegida en Sanxenxo"

PARABÉNS!



Parabéns! ...Por xogar limpo, por poñerlle corazón, por demostrar que a unión fai a forza, por ser humildes... onte foi unha festa, a festa do deporte... unha ilusión, supoño que momentánea onde todos estabamos unidos, e os roxos berraban España! e os fachas visca Puyol!, unha festa onde disfrutamos ata os que non nos gusta o fútbol, ogallá durase...

sábado, 10 de xullo de 2010

UNHA BOA PROPOSTA

A Voz de Galicia de hoxe faise eco desta nova:

Cambados.tk propón aforrar os cartos do Xantar e firmar un convenio de colaboración con Esperanza Salnés


Le a nova completa ou o que aparece na web de Cambados.tk e dalle logo a túa opinión ao alcalde neste enlace.

Eu xa enviei a miña mensaxe, foi esta:

"Como veciña de Cambados e contribuínte paréceme ben o que propón Cambados.tk tal como aparece hoxe no xornal La Voz de Galicia. Non están os tempos para "comilonas", hai quen o precisa máis, o que vaia á comida que a pague do seu peto".

sábado, 3 de xullo de 2010

PRESENTACIÓN DO LIBRO: "CRIPTOGRAFÍAS"













O noso amigo Ramón Caride atópase estes días en Nova York para presentar o seu novo libro de poesías titulado: Criptografías. Trátanse de poemas feitos a raiz de viaxes reais ou imaxinadas e que reflicten diferentes paisaxes xeográficas e humanas. Ten poemas excelentes pero a mín gústanme especialmente estes cinco:


Foto de Adela leiro


CEA DAS PANADEIRAS

A Xosé Manuel Quintela


Vou coas vacas á Bauciña.

camiño de Chaudoradas,

a Pazos e os eidos do Ribadal.

Ando nas costas do burro,

Atravesando a Mamuiña,

Cara o liñar de Pereda

e a Ponte de Mandrás

Bebo auga de Manzós e bailo

no San Benito de Souto

Outra vez, na Vila e n’os Ferreiros

hai cativos brincando

e non casas baleiras

Ao muiño das Casasnovas

Imos moe-lo centeio,

xantar ao campo de Oseira

e máis á feira de Cea.

***

No miolo do pantrigo

cabe un mundo enteiro.

Na codela das poias

estrala a ledicia e a festa.

O pan é a lembranza

dun mundo puro e ceibe




Foto de Robert Frank


Harlem NYC


O soño mudou

noxo e pesadelo

grafitos e lixo

vidros rotos

medo

arames de espiño

somieres na rúa

camiña con ollo

e non te confíes

non áfrica brother

é a gran mazá

a que nunca durme

tan preto da 5th

tan lonxe

de todo

miseria

cascallo

xenreiras e ludre

coma un bombardeo

de american peace

na súa propia xente

tan escuro Harlem

coma o seu futuro

tourists aren´t welcome here.



BAVARO BEACH


O Caribe é vizosidade de palmas

de guayabos e guineos e mangles

clorofila que estoura

rente dun mar so nice

praias infindas area de coral

un delirio de estrelamares

aves e golfiños

crepúsculos instantáneos

cara a noite

de bachata e merengue

puro ron en cada trago

mojitos e cocktails

e tamén

casoupas de follalata

na poeira dos camiños

regueiros de ludre

camionetas desvencelladas

que rebordan homes

mulleres arrastrando

toneladas de lenzos

e corpos mulatos

tan fermosos

que agachan no sorriso

de dentes tan brancos

a tristura fonda

da escravitude secular

fosilizada na resposta agradecida

tan inmediata

sempre:

servirle es un placer!

Santo Domingo , 2008



SARAIEVO 1995


Nos parques sangran as flores de noite

de noite non fai fotógrafos nos parques

o mundo divídese entre os que son arrastrados

e os que resisten á barbarie a penas

as noites vérquense como esperma en vulvas húmidas

docemente repetidas para os privilexiados

precisas doses de volume e condición estándar

nos hipermercados é sempre nadal

e se non é como se o fose todo pode comprarse

a guerra é lonxana para os que non morren perto

nada é o que aparenta

toda cabeza ten un prezo

todos os risos son o dentífrico nos hipermercados

o mundo é un megahipermercado húmido

xigantesca cona que acolle todo degoro

dóce veleno do consumo consúmenos

pero nos parques sangran de noite as flores

en Saraievo e máis perto hai vulvas enxoitas

o esperma mestúrase na aterra co sangue

os fotógrafos tampouco poden facer milagres

de noite non hai sequera fotógrafos

nos parques de Saraievo.


Foto de Adela Leiro

O SALGUEIRAL

l-esvara

a iauga

cun ruxe ruxe

de axóuxere

na cadrícula

vertical

da lousa

l-escoitan

bidueiros

acivros

castiñeiros

freixos

amieiros

érbedos

sabugueiros

loureiros

e buxos

e teixos

seu ecoar

na laxe

escoitan sempre

l-ainda

as carballas

os dragos

os tules

tan vellos

escoitan

tan lonxe

porque o tempo das árbores

é tenso

estantío no cerne

durame

tan novo

coma cada folla

que verdece sempre

na cortiza podre

o tempo das árbores

non sabe de nós


A Manuel Busto Madalena