sábado, 22 de maio de 2010

SOBRE A CRISE (III). FUNCIONARIOS

A semana pasada recibimos a nova do recorte dun 5% (de media) no soldo dos funcionarios públicos e os aínda máis incomprensibles recortes en pensións e persoas dependentes. Como funcionaria que son asumo este recorte como un favor que me pide a miña empresa que é o Estado ante unha situación difícil, e probablemente non vaia á folga convocada polos sindicatos, pero teño que mostrar o meu descontento.

O que se di dos funcionarios e funcionarias:

- Que temos un traballo fixo. A esencia mesma do posto de funcionario esixe precisamente eso, que os funcionarios accedan ao seu posto de traballo a través dun proceso de selección, en moitos casos moi esixente, e que non estén a merced do goberno de turno que poña ou quite persoal da administración do Estado segundo o seu interese político. O actual modelo non é bo? e a súa alternativa si?

- Que cobramos moito, eso habería que discutilo porque cando eu chamo a un electricista e me cobra 60 euros por un pequeno arranxo, ou levo o meu coche ao taller e a hora de traballo debe andar cerca de 30 euros ou a miña perruqueira me cobra 18 euros por media hora de traballo empezo a pensar si realmente é así. E xa non falemos de profesionais liberais como dentistas, avogados, arquitectos etc (que por certo case nunca dan factura, anque do noso soldo se desconta sempre o 20% de impostos ). Y en todo caso cobremos moito ou pouco cobramos sempre o mesmo, independentemente de que as cousas vaian ben ou mal, e cando o Estado ten superávit ninguén se lle ocurre subirnos o soldo, pero si ten déficit somos os primeiros en pagalo.

- Que somos moitos, somos os que ocupamos as prazas que convocou a administración do Estado, nin máis nin menos, supoño porque se precisaban neste Estado do Benestar (?) no que vivimos e no que o Estado presta unha gran cantidade de servizos aos cidadáns. Cerca do 50 % do funcionariado pertence a educación e sanidade e a media de funcionarios es España é similar á de países do noso entorno: España 5,52 % da poboación, algo por riba de Gran Bretaña 3,41 ou Alemaña 5,47% e bastante por debaixo de Bélxica 8%, Francia 8% ou Finalandia 10,6 %, (ver este enlace)

- Que non traballamos, nós facemos o que se nos pide, se algún funcionario ou funcionaria non cumpre probablemente o culpable sexa o seu xefe superior que non controla o que debería. Pero para ser realista si pode ser certo que hai unha porcentaxe, non creo que moi grande, de funcionariado que podería facer mellor o seu traballo, pero cando se di que non traballamos se está falando de máis de 2,6 millóns de traballadores entre os que están: os médicos e enfermeiras dos hospitais que atenden desbordados as urxencias e ás veces sufren agresións, os funcionarios de prisións, os profesores que atenden a alumnado inmigrante con problemas de integración ou con dificultades de aprendizaxe, policías e garda civís que se xogan a vida, xuíces e funcionarios de xulgados saturados, bombeiros etc, etc, etc.

En fín eu asumo o recorte, non me queda outra, pero co compromiso de que non sexamos nós só os que fagamos o sacrificio:

- Vaise facer algo coas SICAV que tributan ao 1%, cando os intereses de calquer conta bancaria teñen unha retención do 19%?


- Vai a UE, esa que tanto se congratula das medidas de axuste do goberno español, facer algo en relación a paraísos fiscais na propia Unión como Luxemburgo ou fóra dela como Suiza, Andorra ou Mónaco? a onde saben de certo que vai diñeiro non declarado a facenda ou de actividades ilícitas.


- Vaise facer algo para simplificar a estrutura política do Estado Español, na que temos 4 administracións: a estatal, a autonómica , a provincial e a local? Saben que esto supón 1 presidente do goberno, X ministros, 17 presidentes autonómicos, X conselleiros x 17, X directores xerais, X subdirectores xerais, X altos cargos, 8112 alcaldes, 65896 concejales, 1206 parlamentarios autonómicos, 1031 diputados provinciales, 650 diputados y senadores… multiplicade esto por soldos, dietas e coche oficial,chófer e proteción policial en moitos casos.


Hoxe aparecen nos xornais algúns titulares interesantes:




Zapatero demora el impuesto de los ricos


Sus fechorías salen gratis: paga el ciudadano.Directivos y políticos que sumieron al mundo en la crisis quedan impunes - Preocupa la tolerancia con la irresponsabilidad



luns, 10 de maio de 2010

A ESCOLA DA VIDA


Dorinda Parracho de Corbillón

Novo artigo de Carmen Durán na Voz de Galicia da serie Historias en feminino, moi recomendable, leo aquí

‘Para ver as xoias da paisaxe hai que camiñar’


Entrevista no periódico A Nosa Terra a Vítor Caamaño compañeiro e amigo, profe de Bioloxía e Xeoloxía no IES Francisco Asorey de Cambados, le a entrevista completa neste enlace

venres, 7 de maio de 2010

OFERTA NA SECCIÓN DE PEIXERIA DO TEU SUPERMERCADO!



A organización ecoloxista Greenpeace está levando adiante unha campaña en Galicia para sensibilizar aos cidadáns sobre a necesidade de ir cara unha pesca sostible. Aproveita que se están celebrando en Galicia (Coruña e Vigo) unhas reunións dos Ministros europeos de pesca, das que sairán os criterios que definirán a Política Pesqueira Común (PPC) da Unión Europea nos próximos anos. Como é habitual nesta organización, para chamar a atención nos medios de comunicación colgaron pancartas na Torre de Hércules (en Coruña) ou en parapente (en Vigo)


Que é pesca sostible para Greenpeace?:


Galicia é a primeira potencia pesqueira da Unión Europea, e este é un tema sensible entre nós, porque moitos galegos e galegas viven da pesca. Pero non hai que esquecer que algunhas empresas galegas pescan con criterios non sostibles e ás veces cometen directamente ilegalidades. Temos que concienciarnos que pescar repectando os recursos mariños é o único xeito de garantir a supervivencia desta actividade cara o futuro, non facelo é pan para hoxe e fame para mañá.

Dentro da campaña de Greenpeace analízanse os supermercados que comercializan peixe que provén de peixerías sostibles, do ranking elaborado dedúcese que todos suspenden pero con todo hai diferencia entre os que o están intentando (en laranxa) e os que non (en vermello)

Recomendacións de Greenpeace:

* Come menos pescado: los océanos no pueden soportar el continuo aumento del consumo

* Rechaza los inmaduros: no los consumas y denuncia su venta al Servicio de Protección de la Naturaleza (900 101 062)

* Mejor el más cercano: piensa en el gasto energético que supone el transporte y en el impacto sobre las poblaciones locales que pierden acceso a sus recursos

* La pesca selectiva es más sostenible: mejor consumir especies capturadas con anzuelos y redes artesanales que con artes industriales, en las que apenas hay selección de que se captura

* La acuicultura no es la solución a la crisis de los océanos: La mayoría de las especies criadas o engordadas en granjas necesitan de otros peces para alimentarse. Consume solamente especies herbívoras y marisco obtenidos de forma sostenible.

A páxina web de Greenpeace dedícalle bastante espazo ao tema pesqueiro e ten informes moi interesantes que podes consultar nestes enlaces:

-Explicación das principais técnicas pesqueiras e o impacto que teñen nos ecosistemas mariños

- Lista vermella de especies pesqueiras en perigo que non deberíamos consumir

- Acuicultura insostenible

-Material educativo sobre os océanos

-Que podes facer ti?


E rematamos cun video

sábado, 1 de maio de 2010

UN TRANVÍA NO SALNÉS?

Tranvía en Viena


Tranvía en Berlín

Tranvía en Barcelona



Escribía Ramón Cabanillas no xornal O Umia do 21 de xaneiro de 1907:

"Estamos a 13 kms del mundo, porque esa distancia nos separa de la estación de ferrocarril más próxima, y ... no pasó de conversación de sobremesa el tranvía a Carril que, economizando tiempo y dinero, dando facilidades al comercio, sería savia fecundante, brote de vida mercantil".

103 anos despois, esta idea que propoñía D. Ramón sería descabellada? cremos que non. O tranvía está sendo recuperado como medio de transporte en moitas cidades europeas dos países máis avanzados. Ten indubidables vantaxes: é eléctrico, non contamina, comparte vía co tráfico rodado, polo que non hai que facer grandes obras de instalación e é un medio de transporte público, tan deficitario na nosa comarca, que facilitaría desprazamentos e aforraría enerxía e emisión de gases contaminantes.

Sería posible unha liña desde O Grove-A Toxa á Estación de ferrocarril de Vilagarcía, que percorrería esa "rúa" costeira tan poboada que atravesa O Grove-A Lanzada-Noalla-Vilalonga-Dena-Castrelo-Cambados-Corbillón-S. Miguel-Vilanova-Vilaxoán-Vilagarcía? unha liña que podería ser usada por traballadores e traballadoras, estudantes, pensionistas, turistas... para desprazarse pola comarca, facer compras, realizar xestións, ir ás praias no verán, acudir a centros educativos como institutos, conservatorios ou Escola de Idiomas e sobre todo acceder ao ferrocarril para desprazarse a outras zonas de Galicia sen ter que depender do automóbil. Sería difícil que os Concellos implicados e a Diputación se puxesen dacordo para a financiación e o trazado?

O número seguinte do Umia, iniciao un artigo titulado: "¡Soñemos, alma, soñemos!


*Información sobre o tranvía como medio de transporte na wikipedia